Páxinas

mércores, 7 de agosto de 2013

Días 5: tardiñas de pasarrúas e noites de espectáculo!

E continuamos facendo soar a nosa música por Lorient! 

Logo dun día de descanso, onte á tardiña un desfile levounos marcando o paso polas rúas da vila. Aquí o público responde de marabilla, escoitan sorrintes e aplauden a rabiar. Mesmo nos pediron que tocaramos un par de pezas máis ao remate e moitos quixeron sacar fotos con nós! Na parada final, a carpa de Galicia, agardábanos a alcaldesa de Forcarei cargada de felicitacións e ánimos para continuar a andaina.

Xa pola noite, entramos con forza unha vez máis no escenario do Stade du Moustoir.

Foto: Celia Parra Díaz

É a segunda vez que tocamos nel, pero non deixa de impresionarnos. E onte, na nosa segunda Nuit Interceltique, o estadio estaba cheo de xente. Desta volta, deixámosvos a nosa actuación gravada dende un lugar privilexiado das bancadas.  


1 comentario:

  1. Como dirían os entendidos: " en dos palabras. IM PRESIONANTE". Xa me estou arrepentindo de non ir!!!

    ResponderEliminar