Día 1. Bonjour
Lorient
Foto: Celia Parra Díaz |
Tras 24 horas de autobús e logo de recorrermos
coa mirada o norte da Península continuamos brincando ata o noroeste galo. E
chegamos, finalmente, a Lorient. Foron case 1500 kilómetros nos que tivemos
tempo para rir, darlle unha última volta ó repertorio e durmir.
Hai un par de horiñas só que aterramos, pero
xa tivemos tempo para comer e entrar en contacto con xente doutros grupos e países.
A viaxe deixounos algo cansos, pero logo cargamos as pilas para gozar do
primeiro día do Festival de Lorient. Hoxe á noitiña poderemos ver o concerto do
Linho do cuco, outro dos grupos galegos que participa no festival.
Polo momento, nosoutros, deixámosvos un
pequeno petisco do comezo desta aventura. Saboreádeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario