A noite de onte rematou moi tarde -ou a mañá de hoxe comezou demasiado cedo-, porque despois da nosa derradeira Nuit Interceltique agardábanos unha boa sorpresa.
|
Foto: Alba Otero García |
A carón do Stade du Moustoir, os nosos compatriotas asturianos, aos que se lle dedica esta 43ªedición do Festival de Lorient, tiñan preparada unha gran festa! Voluntarios, músicos e bailaríns...alí nos xuntamos todos. E por suposto, non faltaron nin as gaitas nin a sidra. Como resultado, gozamos de foliadas improvisadas e compartimos conversas con compañeiros bretóns, irlandeses, escoceses, asturianos...
|
Foto: Celia Parra Díaz |
Por sorte, o día de hoxe está a ser máis tranquilo. Agora mesmo, estamos a tocar unha vez máis polas rúas de Lorient, nun pasarrúas que rematará xunto a carpa de Galicia.
|
Foto: Celia Parra Díaz |
Alí mesmo, contra a noitiña, a nosa compañeira Marcela, subirá ó torreiro con
Os d´Abaixo, grupo galego que tamén participa no Festival.
De seguido, deixámosvos algunhas das fotos de onte, da nosa aventura no barco.
|
Foto: Irene Rodríguez |
|
Banda de gaitas de Forcarei cos donos do barco. Foto: Irene Rodríguez |
|
Foto tirada dende o móbil
Para mañá prometemos novas fotos e novos vídeos!
|