Páxinas

venres, 9 de agosto de 2013

Día 8: sidra e festa!

A noite de onte rematou moi tarde -ou a mañá de hoxe comezou demasiado cedo-, porque despois da nosa derradeira Nuit Interceltique agardábanos unha boa sorpresa.

Foto: Alba Otero García


A carón do Stade du Moustoir, os nosos compatriotas asturianos, aos que se lle dedica esta 43ªedición do Festival de Lorient, tiñan preparada unha gran festa! Voluntarios, músicos e bailaríns...alí nos xuntamos todos. E por suposto, non faltaron nin as gaitas nin a sidra. Como resultado, gozamos de foliadas improvisadas e compartimos conversas con compañeiros bretóns, irlandeses, escoceses, asturianos...

Foto: Celia Parra Díaz

Por sorte, o día de hoxe está a ser máis tranquilo. Agora mesmo, estamos a tocar unha vez máis polas rúas de Lorient, nun pasarrúas que rematará xunto a carpa de Galicia.

Foto: Celia Parra Díaz

Alí mesmo, contra a noitiña, a nosa compañeira Marcela, subirá ó torreiro con Os d´Abaixo, grupo galego que tamén participa no Festival.

De seguido, deixámosvos algunhas das fotos de onte, da nosa aventura no barco.
Foto: Irene Rodríguez


Banda de gaitas de Forcarei cos donos do barco. Foto: Irene Rodríguez

   
Foto tirada dende o móbil


Para mañá prometemos novas fotos e novos vídeos!

1 comentario:

  1. Veña arriba Banda de Gaitas de Forcarei, non vos deixedes caer, como moito un pasiño atrás para coller impulso, os mellores musicos estan en Terra de Montes, como os mellores canteiros, seguide a disfrutar como o facemos nos dende aqui co voso bo facer, parabens a percusionista da Casadeabaixo de Codeseda.

    ResponderEliminar