Páxinas

sábado, 10 de agosto de 2013

Día 9: De Forcarei a Saint Michel

Hoxe amencimos todos con poucas horas de sono e moitas de música no corpo. 

A actuación de Os d'Abaixo na carpa Galicia foi toda unha festa, ata conseguimos que parte do público se animase a bailar connosco varias pezas. Xa de madrugada, algúns de nós fomos ata un dos bares máis antigos de Lorient, onde Os d'Abaixo facían foliada. Un par de temas e conversas e ces't fini!

Pola mañá madrugamos de novo para emprender a viaxe cara ao Mont Saint Michel, na rexión da Baixa Normandía. Considerado patrimonio da humanidade, o conxunto está edificado nunha illa antigamente inexpugnable, rodeada completamente polo mar. Nós puidemos acceder aproveitando a marea baixa, e unha vez arriba a vista non era quen de abarcar a beleza das maresmas e as impoñentes pedras da abadía. 

Aquí vos deixamos unhas fotos da excursión express:



Agora marchamos correndo ó concerto dos SIN SON, que quedaron finalistas no concurso Loïc Bresson! Gañen ou non gañen, habemos animar e bailar con forza, que non se pasa á final todos os días! Como recordatorio, podedes ver este vídeo da súa anterior actuación. 

E para rematar, como o prometido é débeda, aquí tedes a Rocío e Martín explicándonos como foi un dos pasarrúas e o paseo en barco pola Ruta da Amizade. Mañá máis! 

1 comentario:

  1. felicitacions a todos polo voso fantástico traballo.grazas a toño manolo e o irman de toño por confiar na xente de forcarei e facer deles unhos profesionales da musica.grazas por compartir con nos a vosa viaxe.esta experiencia non a ides esquecer nunca.parabens a todos.

    ResponderEliminar