Páxinas

luns, 5 de agosto de 2013

Día 4: Chegamos á Nuit Interceltique!

Trala Grande Parade, a xornada de onte acabou marcada polo ritmo dos roncos e tinguida coas cores dos fogos artificiais. Ás dez da noite comezou a nosa primeira Nuit Interceltique, un impresionante espectáculo no que nos xuntamos grupos de varios dos países celtas: Asturias, Gales, Escocia, Irlanda, Bretaña e Galicia.

A actuación celebrouse nun lugar tan inmenso e espectacular como é o Estade du Moustoir -Estadio de Moustoir- . E xunto a nós, acompañándonos no baile, tivemos ao grupo Traspès de Vigo (mañá habemos subir un vídeo coa actuación conxunta. Polo de agora deixámosvos  uns minutiños da nosa).

O espectáculo rematou contra a unha da madrugada con fogos de artificio, pero a festa continuou ata ben máis tarde, cunha foliada improvisada polos Traspès e nós. 
Hoxe, toca día de descanso; mañá, continuaremos afinando!

4 comentarios:

  1. Parabens dende a Terra de Montes.

    ResponderEliminar
  2. Dende as terra bañadas polo Umia, onde Cabada Vázquez escribeu Vagalumes, e as Porto Mato fan un pequeniño anaco da historia deste pais, unha apreta para todos vos.

    ResponderEliminar
  3. Impresionantes o espazo e os músicos!!!

    Estamos a gozar de cada anaco do voso espectacular bo facer!!

    Moitas grazas dende a Casadeabaixo

    ResponderEliminar
  4. Vexo que o estades pasando moi mal. Tende coidado coa Sidra de Normandia, que a resaca dura uns cantos días. Sau2 a todos. Estades deixando a esta Nosa Terra nun escano moi alto. Disfrutade deste momento. Javi Ribote.

    ResponderEliminar