Páxinas

xoves, 8 de agosto de 2013

Día 6 e 7: Xornadas intensas!

A xornada de onte e o día de hoxe están a ser emocionantes e moi intensos!

Ás seis da tarde celebrouse a semifinal do Trophée de musique celtique Loïc Raison. Nós achegámonos á Quai de la Bretagne -onde tiña lugar- para animar, especialmente, a un dos grupos que participaron: os Sin Son. Deixámosvos aquí un vídeo, porque seguro que vos soan as súas caras...

Foto: Celia Parra Díaz
Xa pola noite, acudimos á nosa terceira Nuit Interceltique. Ademais de falar coa televisión francesa France Trois, tocamos un par de pezas xunto os Trespès e saimos moi contentos. Podedes ver aquí a Cristian e Paula, logo da actuación.

Foto: Celia Parra Díaz

Foto: Alba Otero 


Despois volvimos para a residencia; hoxe agardávanos cedo a mañá. Primeiro tivemos un desfile arredor do recinto do Festival e xa, despois de comer, tivemos unha actuación moi especial: algúns da banda subímonos a un barco da época de Charles de Gaulle, considerado Patrimonio Nacional, que se converteu no noso escenario!

Agora esperamos xa á noite, con ilusión, pero tamén con algo de tristura: hoxe será a nosa derradeira Nuit Interceltique no Estade du Moustoir.  
Foto: Alba Otero 


1 comentario:

  1. Formades unha estampa preciosisima, moi ben todo, os musicos, o Sr. Director, o nosos parabens para as mozas de terra de afiadores que nos deleitan cos comentarios, coas boas fotos e os marabillosos videos, a ese grupo espectacular chamado OS SIN SON que despoís de triunfar na nosa Galiza, agora fano fora do país. Estamos axudando dende Terra de Montes, de seguro que todolos los músicos de aquí estarian ledos e orgullos de mirarvos e sentirvos. Saúdos

    ResponderEliminar